Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45297

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 229/2012, do 2 de decembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 229/2012, do 2 de decembro, procede o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

– Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda.

– Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

– Francisco José Conde López, conselleiro de Economía e Industria.

– Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade.

– Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.

– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente