Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (142/2012).

Elena Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 142/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Monserrat López Botana contra as empresas Grialibros, S.L., Grace Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Salvora Areito, S.A., Aula Noroeste, S.L., Aula 25 Distribuidora, Aula 25 e Abraxas Aula 25, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda presentada por María Montserrat López Botana e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 10 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 56.020,62 euros.

A dita opción deberase exercer no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que for o sentido da opción, condeno así mesmo as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que lle satisfagan á demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (10 de xaneiro de 2012) ata a notificación da presente resolución, tomando en consideración para tal efecto o salario diario de 49,83 €, que na data desta sentenza ascende a 10.415,38 euros.

Condeno o Fogasa e a Administración concursal de Grialibros a estar e pasar por esta resolución.

Rexeito a demanda fronte a Aula Noroeste, S.L. e Abraxas Aula 25, S.L.

A parte demandante darase por desistida da acción exercida contra Comercial Ara, S.A., Salvora Areito, S.A., Aula 25 Distribuidora e Aula 25.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Abraxas Aula 25, S.L. e a Grace Antonia Nouel Brache, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2012

A secretaria xudicial