Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (780/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 780/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Arias Santiago contra a empresa Mercado Tropical, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución de data 15.10.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que rectifico o erro de cálculo que contén a resolución da sentenza nos termos expostos no corpo deste escrito, e que debe quedar redactado da seguinte forma:

Que estimo a demanda interposta por Cristina Arias Santiago fronte á mercantil Mercado Tropical, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 30.9.2011; así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre Cristina Arias Santiago e a mercantil Mercado Tropical, S.L., e condeno a mercantil Mercado Tropical, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 1.020,34 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 10.494,90 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución (270 días).

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e na forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes deste auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E, para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Mercado Tropical, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial