Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45419

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (687/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 687/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Varela Arosa contra a empresa Nor Seguridad contra Incendios de Galicia, S.L., Nor Clisa, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, con data do 31 de maio de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Diego Varela Arosa contra as mercantís Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia e Norclisa, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante, e condeno solidariamente as demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 13.684,72 euros, en ambos os casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza (269 días) por importe de 11.714,99 euros, así como os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 48,55 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao desta notificación, segundo o previsto no artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino. María del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Igualmente, con data do 10 de agosto de 2012 ditouse resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que non procede a aclaración instada pola parte.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se pode interpor recurso contra a resolución que se rectifica, na maneira establecida, desde a notificación ás partes deste auto.

Así o acordo, mando e asino. María del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nor Clisa, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial