Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (67/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 67/2010, deste xulgado do social, seguidos por instancia de José María Rodríguez Lorenzo, contra a empresa Aurelio Moledo Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Ansa Moledo, S.L., Maderas San Xusto, S.L., Maderas Brandía, S.L. (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, Maderas Moledo, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza con data do 31.5.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, desestimando a excepción de falta de lexitimación pasiva alegada pola mercantil Maderas Moledo, S.L., estimo integramente a demanda interposta por José María Rodríguez Lorenzo fronte a Maderas Molego, S.L., Aurelio Molego Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandía S.L., Maderas San Xusto, S.L., Ansa Molego, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente a Maderas Molego, S.L., Aurelio Molego Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandía, S.L., Maderas San Xusto, S.L. e Ansa Molego, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 5.700,00 euros, en concepto de salarios de xuño, xullo, 5 días de agosto, extra de xullo, extra de decembro e vacacións de 2009.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

Igualmente, con data do 3.9.2012 ditouse resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro de transcrición existente no fundamento xurídico primeiro da sentenza, o cal debe quedar redactado da seguinte maneira:

«Os feitos que expresa o punto anterior considéranse acreditados, xa que non foron controvertidos, así como pola proba practicada, concretamente a documental achegada ao xuízo oral pola parte demandante que non foi impugnada».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E, para que lle sirva de notificación en legal forma a Aurelio Moledo Laranga, Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandía, S.L., Maderas San Xusto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial