Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45415

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (924/2010).

María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, anuncio que neste procedemento ordinario 924/2010, seguido por instancia da comunidade de propietarios dos garaxes do edificio Braña dos Alféreces-comunidade de propietarios Braña dos Alféreces B1, fronte a Manuel Cid Rodríguez, Javier Rivadulla Montaña, Manuel Rumbo Noya, Montesiago, S.L., J. Carlos Garrido Álvarez, Ute Seixo-Puentes, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza 121/2012.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo ordinario 924/2010 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, a comunidade de propietarios dos garaxes do edificio Braña dos Alféreces, a comunidade de propietarios de Braña dos Alféreces, bloque II e a comunidade de propietarios de Braña dos Alféreces bloque I, en Montouto, Teo (A Coruña), con procuradora Sra. Puertas Mosquera e letrado Sr. Prado del Río e, doutra, como demandados, a promotora Montesiago, S.L., en rebeldía, a construtora Ute Seixo-Puentes, en rebeldía, os arquitectos Manuel Cid Rodríguez e Javier Rivadulla Montaña, con procuradora Sra. Cerviño Gómez e letrado Sr. Abal Lourido, e os aparelladores Manuel Rumbo Noya e J. Carlos Garrido Álvarez, con procurador Sr. Regueiro Muñoz e letrado Sr. López Fernández, en reclamación de obras de reparación por defectos de construción, dítase esta sentenza con base nos seguintes:

Resolvo que estimando parcialmente como estimo a demanda presentada pola comunidade de propietarios dos garaxes do edificio Braña dos Alféreces, a comunidade de propietarios de Braña dos Alféreces, bloque II e a comunidade de propietarios de Braña dos Alféreces bloque I, en Montouto, Teo (A Coruña), con procuradora Sra. Puertas Mosquera, contra a promotora Montesiago, S.L., en rebeldía, a construtora Ute Seixo-Puentes, en rebeldía, os arquitectos Manuel Cid Rodríguez e Javier Rivadulla Montaña, con procuradora Sra. Cerviño Gómez, e os aparelladores Manuel Rumbo Noya e J. Carlos Garrido Álvarez, con procurador Sr. Regueiro Muñoz, debo condenar e condeno os codemandados a realizar as obras de reparación do inmoble litixioso no prazo máximo de dous meses, consonte os seguintes criterios e réxime de atribución de responsabilidades:

1. Lesións en caixa de escaleiras en zona de lucernarios de cuberta. Serán reparadas conxuntamente polos arquitectos e a promotora na forma proposta polo perito Sr. Suárez del Río.

2. Lesións en zonas exteriores de urbanización. Serán reparadas conxuntamente polos aparelladores, a construtora e a promotora nun 85 %, na forma proposta pola perito Sra. López Baña.

3. Lesións no andar soto. Serán reparadas conxuntamente por todos os codemandados nun 85 %, na forma proposta pola perito Sra. López Baña.

4. Lesións no interior das vivendas. Serán reparadas conxuntamente polo promotor e polo construtor na forma proposta polo perito Sr. Suárez del Río.

E para o caso de que os demandados non verifiquen as obras de reparación no prazo de dous meses, deberán indemnizar a comunidade de propietarios mediante o aboamento do importe total a que ascendan as obras de reparación.

Sen expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado, para que resolva a Audiencia Provincial, dentro dos 20 días seguintes a aquel en que se practique a dita notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estaren os demandados Montesiago, S.L. e Ute Seixo-Puentes en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

María Novo López
Secretaria xudicial