Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (829/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que, por resolución ditada o día 8 de xaneiro de 2013, no proceso seguido por instancia Sergio López Jaspe contra Ofiprecios, S.L.U., a administración concursal de Ofiprecios, S.L.U., as empresas Simis Mobiliario, S.L. e Irta Inmobiliaria, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, en reclamación por despedimento, rexistrouse co número 829/2011 e acordouse notificar a Ofiprecios, S.L.U. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que, apreciando falta de xurisdición, se desestima a demanda interposta por Sergio López Jaspe contra a empresa Ofiprecios, S.L.U., a administración concursal de Ofiprecios, S.L.U., as empresas Simis Mobiliario, S.L. e Irta Inmobiliaria, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, absolvéndoas de todos os pedimentos formulados na súa contra e deixando imprexulgada a acción exercida, que poderá exercer ante o xuíz do concurso.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Ofiprecios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial