María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 657/2012 deste xulgado do social, seguido a instancia de Andrés Iglesias Carpente, Fathia Miltani, Daniel Varela Fernández, María Teresa Rosales Suárez, Marcos Laíño Ordóñez, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte setenza cuxo fallo, di:
Tense por desistida Fatiha Miltani en relación á reclamación por cantidade formulada fronte á entidade Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., ao non ter comparecido ao acto do xuízo.
Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Andrés Iglesias Carpente, Daniel Varela Fernández, María Teresa Rosales Suárez e Marcos Laíño Ordóñez, contra a entidade Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., a que aboe ás demandantes as cantidades que se explicitar, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais:
– A Andrés Iglesias Carpente, a cantidade de 7.510,73 € líquidos polas pagas extras de setembro e decembro de 2011 e 2012, paga extra de xuño de 2012, e as nóminas de febreiro a maio de 2012.
– A Daniel Varela Fernández, a cantidade de 5.431,01 € líquidos polas pagas extras de setembro e decembro de 2011 e 2012, paga extra de xuño de 2012, e as nóminas de febreiro a maio de 2012.
– A María Teresa Rosales Suárez, a cantidade de 7.622,18 € líquidos polas pagas extras de setembro e decembro de 2011 e 2012, paga extra de xuño de 2012, e as nóminas de febreiro a maio de 2012.
– A Marcos Laíño Ordóñez, a cantidade de 4.584,95 € líquidos polas pagas extras de setembro e decembro de 2011 e 2012, paga extra de xuño de 2012, e as nóminas de febreiro a maio de 2012.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número expediente, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Na Coruña, vinte e catro de xaneiro de dous mil trece.
E para que sirva de notificación á empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., estendo e asino este edicto.
A Coruña, 24 de xaneiro de 2013
A secretaria xudicial

