Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4262

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (963/2009).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio no procedemento de referencia seguido por instancia de AXA Aurora Ibérica, S.A de Seguros e Reaseguros fronte a José Luis Parente Mansilla, comunidade de herdeiros de Digna Parente Mansilla e o Consorcio de Compensación de Seguros ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2011.

Demandante: AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros e Reaseguros.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes.

Letrado: José Antonio Fernández González Atanes.

Demandado: José Luis Parente Mansilla (en rebeldía).

Demandado: comunidade de herdeiros de Digna Parente Mansilla (en rebeldía).

Demandado: Consorcio de Compensación de Seguros.

Letrado: Guillermo Díaz.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros y Reaseguros contra José Luis Parente Mansilla, a comunidade de herdeiros de Digna Parente Mansilla e o Consorcio de Compensación de Seguros, e en consecuencia, condeno os demandados a aboar solidariamente á entidade demandante, a cantidade de 2.583 euros, máis o xuro legal da devandita cantidade desde a data de interposición da demanda, isto é, o 14 de outubro de 2009, ata a data da presente resolución, en que comezarán a percibirse os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, con imposición de costas aos demandados.

Notifíqueselles ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que deberá prepararse ante este xulgado no prazo de 5 días contados desde o día seguinte ao de notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso, deberá acreditarse, no momento de prepararse este, a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rei, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Luis Parente Mansilla e comunidade de herdeiros de Digna Parente Mansilla, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

O secretario