Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4260

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RS 5108/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5108/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 807/2010 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L.

Avogado: Roberto Adán Allo.

Recorridos: Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira.

Avogado: avogado do Estado.

Edicto:

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5108/2010 desta sección, seguido por instancia de Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L. contra a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira sobre outros dereitos laborais, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou auto do 14.11.2012, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola procuradora Cristina Jiménez de la Plata García de Blas, en nome e representación de Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L., contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 15 de xuño de 2011, no recurso de suplicación nº 5108/2010, interposto por Explotaciones Hoteleras Entrerrías e outros, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo do 4 de outubro de 2010, no procedemento nº 807/2010 seguido por instancia de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L., Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira, sobre procedemento de oficio.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente, con perda do depósito constituído para recorrer, dándose, se é o caso, ás consignacións e aseguramentos prestados o destino que corresponda.

Contra este auto non cabe ningún recurso».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira, sen domicilio coñecido, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial