Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4258

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5095/2012).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial desta Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5095/2012 desta sección, seguidos por instancia de Maridina Perfecta Monteagudo Palacios contra a empresa Marybe Cafetería, S.L. e o Fondo de garantía salarial, sobre despedimento disciplinario, ditouse sentenza con data 18 de xaneiro de 2013 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina Pesqueira García, en nome e representación de Maridina Perfecta Monteagudo Palacios, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 6 de agosto de 2012, ditada en autos número 189/2012, seguidos por instancia de Maridina Perfecta Monteagudo Palacios fronte á empresa Marybe Cafetería, S.L., debemos confirmar e confirmamos a resolución recorrida, salvo no referente aos salarios de tramitación, a cuxo pagamento se condena a empresa, e que comprenderán os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza de instancia, a razón de 38,73 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Marybe Cafetería, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial