Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4256

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2766/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2766/2010 desta sección, seguido por instancia de María Fátima Almeira Cerejo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, Mc Mutual, Fremap, Concello de Nogueira de Ramuín, Mancomunidade voluntaria de concellos de Ourense e a empresa Tania Noguerol Loli, sobre accidente de grao, ditouse sentenza con data 18 de xaneiro de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso articulado por María Fátima Almeira Cerejo contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense, do 21 de decembro de 2009, en autos nº 148/2009, sobre incapacidade permanente instados por aquela fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, MC Mutual, Fremap, Concello de Nogueira de Ramuín, Mancomunidade voluntaria de concellos de Ourense e a empresa Tania Noguerol Loli, confirmamos a dita resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Tania Noguerol Loli, en ignorado paradoiro, expido esta notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial