Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (315/2009).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por medio deste edicto e en virtude do acordado en resolución desta data, ditada no proceso seguido por instancia de Manuel Andrés Lamelas Losada contra Noain, S.L. e Cuadernas y Arcos, S.L., rexistrado co núm. 315/2009, acordouse citar a Cuadernas y Arcos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día doce de abril de dous mil trece, ás dez corenta e cinco horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na r/ Armando Durán, núm. 1-4º de Lugo. Debe comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LRXS para os efectos de posteriores comunicacións.

E para que lle sirva de citación a Cuadernas y Arcos, S.L., expídese esta cédula para a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial