Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4645

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (342/2010).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, por medio deste edicto, anuncio que no presente procedemento ordinario número 342/2010 seguido por instancia de Banco Santander Central Hispano, S.A. fronte a Transportes Pérez O Porriño, S.L., Transportes Pérez O Porriño, María Obdulia Fernández Domínguez, Modesto Pérez Rodríguez, Antonio Ismael Pérez Rodríguez, María Isabel Otero Martínez ditouse sentenza, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola representación procesual de Banco Santander, S.A., contra Transportes Pérez O Porriño, S.L., Modesto Pérez Rodríguez, María Obdulia Fernández Domínguez, Antonio Ismael Pérez Rodríguez, María Isabel Otero Martínez e condeno estes últimos a aboarlle solidariamente a aquela entidade a cantidade de cento trinta e catro mil setecentos vinte e nove euros (134.729 €), máis os xuros legais correspondentes recollidos nos artigos 1101 do Código civil, contados desde o 18.1.2010, e os recollidos no 576 da LAC, desde a data da presente resolución, en ambos os casos ata o completo pagamento e de acordo cos termos expresados nos anteriores puntos desta sentenza.

Con imposición de custas causadas no coñecemento da presente demanda a Transportes Pérez O Porriño, S.L., Modesto Pérez Rodríguez, María Obdulia Fernández Domínguez, Antonio Ismael Pérez Rodríguez, María Isabel Otero Martínez.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3601 0000 04 034210, indicando no campo “concepto”, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os ditos demandados, Transportes Pérez O Porriño, S.L., Transportes Pérez O Porriño, María Obdulia Fernández Domínguez, Modesto Pérez Rodríguez, Antonio Ismael Pérez Rodríguez, María Isabel Otero Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

O Porriño, 11 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial