Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5066

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2012.

A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establece entre as competencias da Administración autonómica a de realizar as convocatorias de ámbito autonómico para o outorgamento de premios ou distincións e outras actuacións de fomento do deporte (artigo 5.1, letra e).

Conforme esta habilitación normativa e competencial, a Secretaría Xeral para o Deporte establece, con esta resolución, os Premios do Deporte Galego do ano 2012, que recoñecerán publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia.

Polo exposto, e en uso das facultades que teño atribuídas pola lexislación vixente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e categorías

Convócanse os Premios do Deporte Galego do ano 2012, que serán concedidos nas seguintes categorías:

1. Premio á mellor deportista feminina.

2. Premio á mellor deportista feminina discapacitada.

3. Premio ao mellor deportista masculino.

4. Premio ao mellor deportista masculino discapacitado.

5. Premio ao mellor equipo feminino.

6. Premio ao mellor equipo masculino.

7. Premio ao mellor equipo de deportistas discapacitadas ou discapacitados.

8. Premio á mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base.

9. Premio ao mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar.

10. Premio ao/á mellor adestrador/a.

11. Premio ao/á mellor árbitro/a-xuíz/a.

12. Premio ao mellor labor informativo.

13. Premio ao mellor evento deportivo.

14. Premio patrocinio deportivo.

15. Premio revelación.

16. Premio ao concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte.

17. Premio Galicia Saudable.

Xunto a estas categorías, por proposta e por resolución do xurado, poderán outorgarse mencións especiais.

Artigo 2. Presentación de candidaturas

1. Os propoñentes poderán presentar unha candidatura por categoría.

2. Poderán formular propostas as asociacións deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na comunidade autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego, a través do anexo que se xunta a esta resolución e que se dirixirá á Secretaría Xeral para o Deporte, acompañado da documentación e información que acredite os méritos que concorren nos candidatos. A presentación de candidaturas implica a total aceptación desta resolución ou do resultado do xurado.

3. A documentación dirixirase á Secretaría Xeral para o Deporte mediante a súa presentación por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. O prazo para a presentación de candidaturas rematará aos sete días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.

Artigo 3. Xurado

O xurado cualificador estará presidido polo secretario xeral para o Deporte e serán vogais o titular da Subdirección Xeral de Deporte, o secretario xeral de Política Lingüística ou persoa en quen delegue, o presidente da Ufedega, os xefes de servizo provinciais de Deportes, o xefe de Deportes da CRTVG e outros tres vogais designados polo presidente do xurado entre o persoal ao servizo da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Fundación Deporte Galego. Actuará como secretario un funcionario designado polo secretario xeral para o Deporte de entre os que se atopan ao servizo desta secretaría xeral, que terá entre outras funcións a de recibir, clasificar e ordenar a documentación que deba someterse á consideración do xurado. O secretario do xurado terá voz pero non voto nas reunións do xurado.

O acordo do xurado polo que se outorguen os diferentes premios será publicado na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

A actividade do xurado non será retribuída.

Artigo 4. Entrega dos premios

Os Premios do Deporte Galego do ano 2012 serán entregados de forma solemne nun acto público en que se fará entrega aos galardoados dun trofeo e dun diploma acreditativo do premio que lles corresponda.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO
Modelo de proposta de candidatura aos Premios do Deporte Galego do ano 2012

Don/Dona ___________________________________________ con NIF___________________

tfno. __________________ e enderezo electrónico ____________________________________

en calidade de _________________________________________________________________

da entidade ___________________________________________________________________

con NIF ___________________________, PROPOÑO, na categoría (conforme as indicadas no artigo 1) ______________________________________________________________________

a D./Dna./Entidade ______________________________________________________________

con enderezo __________________________________________________________________

tfno. __________________ e enderezo electrónico ____________________________________

con base nos seguintes méritos____________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

Sinatura da persoa ou representante da entidade que fai a proposta:

En _________________________ o _____ de ______________ de 2013

Secretario xeral para o Deporte