Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6026

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de febreiro de 2013 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2012 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, está a levar adiante unha política de asistencia económica ao alumnado que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

Un dos obxectivos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é a promoción, desenvolvemento e mellora da calidade do Sistema Universitario de Galicia. Iso implica tamén apreciar e incentivar a excelencia académica dos seus estudantes como aposta de futuro do noso país.

Por todo isto e como recoñecemento ao esforzo, traballo e dedicación do alumnado que remata os estudos universitarios cunha excelente traxectoria académica, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto, beneficiarios e compatibilidade da convocatoria

1. O obxecto desta convocatoria é conceder un premio coa finalidade de facer un recoñecemento expreso, de carácter oficial, aos estudantes que remataron con brillantez, no curso académico 2011/12, os estudos cursados nas universidades do Sistema Universitario de Galicia conducentes aos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

2. Poderán ser beneficiarios os estudantes de cada unha das diferentes titulacións oficiais impartidas no SUG que, contando no seu expediente académico completo coa mellor nota media, remataron os estudos universitarios conducentes aos títulos recollidos na Lei de reforma universitaria (LRU) ou aos seus equivalentes de grao que os substitúen.

3. Estes premios son compatibles con outras bolsas e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Artigo 2. Orzamento

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará estas bolsas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, cunha contía global de 150.000 euros, sen prexuízo de poder ser incrementada de acordo coas dispoñibilidades económicas da consellería.

Artigo 3. Contía

Concederáselle un premio, en concorrencia competitiva, por cada unha das distintas ensinanzas universitarias oficiais impartidas no Sistema Universitario de Galicia conducentes aos títulos LRU (licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico) ou aos seus equivalentes de grao que os substitúan (véxase táboa de equivalencias adherida a esta orde) ao alumno ou alumna con mellor expediente académico de entre os que se inscriban mediante a instancia formulada segundo o modelo que se inclúe como anexo I a esta orde.

Os solicitantes que resulten premiados recibirán:

• Unha contribución en metálico de 2.500 euros.

• Un diploma acreditativo desta distinción.

Artigo 4. Período

As actividades que se premian nesta convocatoria son os estudos rematados no curso académico 2011/12, que, para efectos desta orde, se entenderá o período comprendido entre o 1 de setembro de 2011 e o 30 de setembro de 2012.

Artigo 5. Requisitos

Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias, e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011, entre esta consellería e as universidades galegas.

c) En ningún caso o 1º ciclo dunha titulación de LRU poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira.

d) Aqueles alumnos que xa obtiveron un premio fin de carreira da Comunidade Autónoma en anteriores convocatorias, non poderán obtelo de novo.

Artigo 6. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes. Se a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de que proceda á súa certificación postal. Non se admitirán como medio de presentación de solicitudes os servizos de mensaxaría privados.

3. O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado ED415A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria que se publica como anexo II, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa presentación electrónica completa.

4. Para a presentación na sede electrónica do devandito formulario e da declaración responsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede, da persoa solicitante ou representante legal.

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.es

En caso de dúbida en relación coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es

6. No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, admítese igualmente a presentación da solicitude e da declaración responsable en formato papel una vez cubertos os formularios en formato PDF dispoñibles na sede en todos os seus campos, sen engadir novos datos, emendar, variar ou riscar o seu formato orixinal; presentándoos, asinados, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, dirixidos á Secretaría Xeral de Universidades (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, para a presentación de instancias.

Artigo 7. Documentación que hai que presentar

1. A solicitude (anexo I, modelo normalizado ED415A) e a declaración responsable (anexo II, na cal a persoa solicitante debe indicar se ten ou non solicitada ou concedida outro tipo de bolsa ou axuda para a mesma finalidade perante as administracións públicas ou outros entes públicos) presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia xunto coa seguinte documentación:

a) Copia dixitalizada da certificación académica completa emitida pola universidade correspondente, na cal se fará constar a nota media do expediente académico, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, con data do 27 de xuño de 2011, entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, publicado no DOG o día 30 de setembro de 2011 por Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os alumnos que estean cursando estudos de 2º ciclo (licenciado, arquitecto e enxeñeiro) por accederen desde unha titulación de 1º ciclo ou desde o 1º ciclo doutra titulación, deberán enviar ademais unha copia dixitalizada da certificación académica relativa ao primeiro ciclo realizado. Igualmente, os alumnos que estean cursando estudos oficiais de grao por accederen desde unha titulación de primeiro ou primeiro e segundo ciclo, deberán presentar unha copia dixitalizada da certificación académica completa na que se inclúa o recoñecemento dos créditos das materias cursadas nestes.

b) Copia dixitalizada do título universitario oficial español ou documento que legalmente o substitúa.

No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, para a presentación dixitalizada da certificación académica ou do título, admitirase, igualmente, a presentación da certificación académica orixinal ou do título, ou copia compulsada deles, en formato papel, presentándoos nos mesmos termos establecidos no punto 6 do artigo anterior.

Artigo 8. Tramitación

1. Unha vez examinadas as solicitudes e a documentación presentada polos solicitantes exporanse no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.es as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e das excluídas, sinalando os motivos de exclusión; tamén se poderán consultar nas xefaturas territoriais da citada consellería e nos vicerreitorados de estudantes das tres universidades galegas.

2. Os interesados disporán dun prazo de reclamación de dez días, podendo, durante ese prazo, formular reclamación ou emendar erros e falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase que o interesado desiste da súa petición, e procederase ao seu arquivamento de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992.

Artigo 9. Comisión avaliadora

1. A selección dos candidatos será realizada por unha comisión avaliadora integrada por:

Presidente/a: o titular da Secretaría Xeral de Universidades ou, por delegación, a persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades.

O xefe do Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades.

Secretario/a: a xefa de Sección de Apoio aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará con voz e voto.

2. A comisión avaliadora, para o exercicio das súas funcións, poderá contar co asesoramento de representantes das universidades galegas en calidade de expertos na materia obxecto da convocatoria.

3. Se, por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examinar as solicitudes, algún dos compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto se nomee. Este nomeamento deberá recaer noutra persoa da Secretaría Xeral, ou da universidade correspondente, en virtude da súa representación.

Artigo 10. Selección

A selección será realizada pola comisión avaliadora en atención á cualificación da media do expediente máis alta obtida polo/a alumno/a en cada unha das titulacións distintas LRU (licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico), ou as correspondentes titulacións de grao que as substitúen, implantadas no Sistema Universitario de Galicia, segundo a táboa de equivalencias adherida a esta orde.

No caso de que unha titulación de grao substituíse nas universidades do SUG máis dunha titulación LRU, recibirán o premio estes titulados sempre que conten cunha puntuación superior á do título de grao que os substitúe. En caso contrario, é dicir, se a nota media da titulación de grao é superior á dunha titulación LRU substituída, recibirá o premio a titulación de grao quedando excluída a titulación LRU con menor nota.

Se a unha titulación LRU a substitúen unha ou máis titulacións de grao, aínda que teñan denominacións distintas, recibirá o premio a de maior media delas.

Esta cualificación farase tendo en conta a nota media calculada cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, con data do 27 de xuño de 2011, entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

En caso de empate na nota media do expediente académico entre varios solicitantes, procederase ao desempate de acordo coa seguinte orde de prelación: menor número de suspensos; de persistir o empate, maior número de matrículas de honra; de persistir o empate, maior número de sobresalientes; de persistir o empate, maior número de notables.

Artigo 11. Resolución

1. Efectuada a selección pola comisión avaliadora, esta elevará un informe-proposta de adxudicación á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a resolución correspondente cunha relación de persoas premiadas por titulación e outra de solicitudes excluídas coas causas de exclusión.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de cinco meses, que comezará a contar desde o día seguinte á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Ao vencemento do prazo máximo sen que sexa notificada a resolución, os interesados deberán entender desestimada por silencio administrativo a súa solicitude.

Artigo 12. Pagamento

O aboamento dos premios convocados nesta orde realizarase de acordo co estipulado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co previsto no último parágrafo da alínea 1ª do artigo 60 do Regulamento da Lei 9/2007, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Farase un pagamento único do premio concedido, que se aboará na conta bancaria indicada polo/a beneficiario/a.

Disposición adicional primeira

A presentación da solicitude de concesión do premio comportará autorización á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para:

a) Facer públicos nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas así como ás sancións impostas, cando proceda.

b) A reserva que o peticionario poida facer no sentido de non autorizar a obtención de datos ou a publicidade dos datos nos rexistros que, en todo caso, terá que se expresar por escrito, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do importe concedido.

c) De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co disposto no artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional segunda

Os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lle competen, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional terceira

A obtención do premio falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que impedirían a súa concesión constituirá causa determinante de revogación do premio e do seu reintegro polo beneficiario, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coa tramitación establecida no artigo 77 e seguintes do regulamento da Lei 9/2007, aprobado polo Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o titular da Secretaría Xeral de Universidades para adoptar os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Contra esta orde poderase interpoñer, con caracter potestativo, un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Táboa de equivalencias

Grao

Título (denominación anterior)

Univ.

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Diplomatura en Relacións Laborais

USC

Administración e Dirección de Empresas

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

USC

Ciencia Política e da Administración

Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración

USC

Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

USC

Dereito

Licenciatura en Dereito

USC

Economía

Licenciatura en Economía

USC

Matemáticas

Licenciatura en Matemáticas

USC

Pedagoxía

Licenciatura en Pedagoxía

USC

Xeografía e Ordenación do Territorio

Licenciatura en Xeografía

USC

Xornalismo

Licenciatura en Xornalismo

USC

Mestre ou mestra en Educación Primaria

Mestre, especialidade en Educación Musical

USC

Mestre, especialidade en Educación Primaria

Mestre, especialidade en Lingua Estranxeira

Mestre, especialidade en Educación Física

Mestre ou mestra en Educación Infantil

Mestre, especialidade en Educación Infantil

USC

 

Licenciatura en Psicopedagoxía (só 2º ciclo) (Santiago de C.)

USC

Educación Social

Diplomatura en Educación Social

USC

Traballo Social

Diplomatura en Traballo Social

USC

Bioloxía

Licenciatura en Bioloxía

USC

Física

Licenciatura en Física

USC

Nutrición Humana e Dietética

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

USC

Enfermaría

Diplomatura en Enfermaría

USC

Óptica e Optometría

Diplomatura en Óptica e Optometría

USC

Farmacia

Licenciatura en Farmacia

USC

Medicina

Licenciatura en Medicina

USC

Odontoloxía

Licenciatura en Odontoloxía

USC

Veterinaria

Licenciatura en Veterinaria

USC

Psicoloxía

Licenciatura en Psicoloxía

USC

Historia

Licenciatura en Historia

USC

Historia da Arte

Licenciatura en Historia da Arte

USC

Filosofía

Licenciatura en Filosofía

USC

Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Licenciatura en Humanidades

USC

Lingua e Literatura Modernas

Licenciatura en Filoloxía Alemá

USC

Licenciatura en Filoloxía Francesa

Licenciatura en Filoloxía Italiana

Licenciatura en Filoloxía Portuguesa

Licenciatura en Filoloxía Románica

Filoloxía Clásica

Licenciatura en Filoloxía Clásica

USC

Lingua e Literatura Galegas

Licenciatura en Filoloxía Galega

USC

Lingua e Literatura Españolas

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

USC

Lingua e Literatura Inglesas

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

USC

Enxeñaría Informática

Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas

USC

Enxeñaría en Xeomática e Topografía

Enxeñaría Técnica en Topografía

USC

Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

Enxeñeiro agrónomo

USC

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Industrias Agrarias e Alimentarias

Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Mecanización e Construcións Rurais

USC

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Explotacións Agropecuarias

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Hortofruticultura e Xardinaría

Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

Enxeñeiro de Montes

USC

Enxeñaría Técnica Forestal, esp. en Explotacións Forestais

Enxeñaría Química

Enxeñaría Química

USC

Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Química Industrial

USC

Química

Licenciatura en Química

USC

Enxeñaría Civil

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Transportes e Servizos Urbanos

USC

Enxeñaría Informática

Enxeñeiro en Informática

UDC

Enxeñeiro técnico en Informática de Xestión

Enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas

Enxeñaría Náutica e de Transporte Marítimo

Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo

UDC

Diplomatura en Navegación Marítima

Enxeñaría Mariña

Licenciatura en Máquinas Navais

UDC

Diplomatura en Máquinas Navais

Arquitectura

Arquitecto

UDC

Enxeñaría de Edificación

Arquitecto técnico en Execución de Obras

UDC

Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Enxeñeiro técnico en Deseño Industrial

UDC

Enfermaría

Diplomatura en Enfermaría

UDC

Podoloxía

Diplomatura en Podoloxía

UDC

Fisioterapia

Diplomatura en Fisioterapia

UDC

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Diplomatura en Relacións Laborais

UDC

Turismo

Diplomatura en Turismo

UDC

Terapia Ocupacional

Diplomatura en Terapia Ocupacional

UDC

Química

Licenciatura en Química

UDC

Bioloxía

Licenciatura en Bioloxía

UDC

Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

UDC

Educación Primaria

Mestre de Educación Primaria

UDC

Mestre de Educación Física

Mestre de Audición e Linguaxe

Educación Infantil

Mestre de Educación Infantil

UDC

 

Licenciatura en Psicopedagoxía (só 2º ciclo) (A Coruña)

UDC

Tecnoloxía de Enxeñaría Civil

Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

UDC

Enxeñaría de Obras Públicas

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Construcións Civís

UDC

Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais

Enxeñaría Industrial

UDC

Enxeñaría Mecánica

Enxeñaría Eléctrica

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electricidade

UDC

Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial

UDC

Arquitectura Naval

Enxeñaría Naval e Oceánica

UDC

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Estruturas Mariñas

Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Propulsión e Servizos do Buque

UDC

Enxeñaría Naval e Oceánica

Educación Social

Diplomatura en Educación Social

UDC

Logopedia

Diplomatura en Logopedia

UDC

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

UDC

Economía

Licenciatura en Economía

UDC

Administración e Dirección de Empresas

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

UDC

Ciencias Empresariais

Diplomatura en Ciencias Empresariais

UDC

Dereito

Licenciatura en Dereito

UDC

Español: estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

UDC

Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en Filoloxía Galega

UDC

Inglés: estudos lingüísticos e literarios

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

UDC

Socioloxía

Licenciatura en Socioloxía

UDC

Humanidades

Licenciatura en Humanidades

UDC

Información e Documentación

Licenciatura en Documentación

UDC

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación

Turismo

Diplomatura en Turismo

UVIGO

Economía

Licenciatura en Economía

UVIGO

Administración e Dirección de Empresas

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

UVIGO

Consultoría e Xestión da Información

Diplomatura en Ciencias Empresariais

UVIGO

Comercio

Dereito

Licenciatura en Dereito

UVIGO

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Diplomatura en Relacións Laborais

UVIGO

Educación Social

Diplomatura en Educación Social

UVIGO

Traballo Social

Diplomatura en Traballo Social

UVIGO

Educación Infantil

Mestre, especialidade de Educación Infantil

UVIGO

Educación Primaria

Mestre, especialidade de Educación Primaria

UVIGO

Mestre, especialidade en Lingua Estranxeira

Mestre, especialidade en Educación Especial

Mestre, especialidade de Educación Física

Mestre, especialidade de Educación Musical

 

Licenciatura en Psicopedagoxía (só 2º ciclo) (Ourense)

UVIGO

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

UVIGO

Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

UVIGO

Publicidade e Relacións Públicas

Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas

UVIGO

Dirección e Xestión Pública

Diplomatura en Xestión e Administración Pública

UVIGO

Bioloxía

Licenciatura en Bioloxía

UVIGO

Ciencias do Mar

Licenciatura en Ciencias do Mar

UVIGO

Química

Licenciatura en Química

UVIGO

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

UVIGO

Fisioterapia

Diplomatura en Fisioterapia

UVIGO

Enfermaría

Diplomatura en Enfermaría

UVIGO

Belas Artes

Licenciatura en Belas Artes

UVIGO

Xeografía e Historia

Licenciatura en Historia

UVIGO

Tradución e Interpretación

Licenciatura en Tradución e Interpretación

UVIGO

Linguas Estranxeiras

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

UVIGO

Estudos de galego e español

Licenciatura en Filoloxía Galega

UVIGO

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

Enxeñaría Informática

Enxeñeiro técnico en Informática de Xestión

UVIGO

Enxeñeiro en Informática

Enxeñaría Eléctrica

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en Electricidade

UVIGO

Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en Electrónica Industrial

UVIGO

Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Enxeñeiro técnico de Telecomunicación, esp. en Sistemas de Telecomunicación

UVIGO

Enxeñeiro técnico de Telecomunicación, esp. en Son e Imaxe

Enxeñeiro de Telecomunicación

Enxeñaría Mecánica

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en Mecánica

UVIGO

Enxeñaría en Química Industrial

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en Química Industrial

UVIGO

Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Enxeñeiro industrial

UVIGO

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Enxeñeiro de Minas

UVIGO

Enxeñaría da Enerxía

Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial

UVIGO

Enxeñaría en Organización Industrial

Enxeñeiro de Organización Industrial

UVIGO

Enxeñaría Agraria

Enxeñeiro técnico agrícola, esp. en Industrias Agrarias e Alimentarias

UVIGO

Ciencias Ambientais

Licenciado en Física

UVIGO

Enxeñaría Forestal

Enxeñeiro técnico forestal, esp. en Industrias Forestais

UVIGO

missing image file
missing image file
missing image file