Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6163

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña polo sistema de promoción interna, convocadas pola Resolución do 25 de febreiro de 2011 (DOG do 23 de marzo).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña á aspirante que superou estas probas e que a seguir se relaciona:

DNI

Apelidos e nome

44481171E

González Solar, Llarina

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relacionan deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses que contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña