Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: recurso de alzada.

Interesada: Genoveva Costas Casal.

Último enderezo coñecido: Quintáns, Noalla, 36990 Sanxenxo, Pontevedra.

Acto notificado:

Estimar parcialmente o recurso de alzada interposto por Mª del Carmen Pulleiro Silva, propietaria núm. 1013, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra) e, en consecuencia, tal e como se reflicte nos planos que se achegan:

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 533 do polígono 4 (da propietaria núm. 258, Mª Teresa Carballo Martínez) que pasa a ter unha superficie de 3.518 m2 e 1.231,30 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 534 do polígono 4 (do propietario núm. 267, Ramón Casal Canay e outra) que pasa a ter unha superficie de 2.106 m2 e 737,10 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 1329 do polígono 9 (da propietaria núm. 330, Genoveva Costas Casal) que pasa a ter unha superficie de 9.492 m2 e 3.322,20 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 1330 do polígono 9 (da propietaria núm. 1267, Mª Genoveva Buceta Costas e outra) que pasa a ter unha superficie de 1.568 m2 e 613,60 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 535 do polígono 4 (do propietario núm. 874, Gonzalo Ortigueira Silva e outros) que pasa a ter unha superficie de 1.928 m2 e 674,80 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 536 do polígono 4 (da propietaria núm. 788, Mª Josefa Martínez Ortigueira) que pasa a ter unha superficie de 1.282 m2 e 448,70 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 537 do polígono 4 (do propietario núm. 457, Gumersindo Fontán Coto) que pasa a ter unha superficie de 1.775 m2, 621,25 puntos de valor e carácter privativo.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 538 do polígono 4 (do propietario núm. 457, Gumersindo Fontán Coto) que pasa a ter unha superficie de 689 m2, 241,15 puntos de valor e carácter ganancial.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 539 do polígono 4 (da propietaria núm. 1049, Mª José Rivas Buceta) que pasa a ter unha superficie de 4.583 m2 e 1.604,05 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 540 do polígono 4 (da propietaria núm. 610, Avelina González López) que pasa a ter unha superficie de 1.897 m2 e 663,95 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 541 do polígono 4 (da propietaria núm. 1013, Mª Carmen Pulleiro Silva) que pasa a ter unha superficie de 5.362 m2 e 1.876,70 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 543 do polígono 4 (do propietario núm. 891, Manuel Outeda Díaz) que pasa a ter unha superficie de 3.587 m2 e 1.255,45 puntos de valor.

– Dividir en dous o predio núm. 1355 do polígono 9 (do propietario núm. 891, Manuel Outeda Díaz) que pasan a ser:

• Para o propietario núm. 1600 (Fondo de Terras) o predio núm. 1355-1 cunha superficie de 849 m2 (753 m2 de L4 e 96 m2 de L5) e 287,55 puntos de valor.

• Para o propietario núm. 891 (Manuel Outeda Díaz) o predio núm. 1355-2 cunha superficie de 4.078 m2 e 1.389,80 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 542 do polígono 4 (do propietario núm. 1600, Fondo de Terras) que pasa a ter unha superficie de 203 m2 (L4) e 71,05 puntos de valor.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.