Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8399

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da delegación de competencias en materia tributaria do Concello de Cariño relativas ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 21 de decembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«55. Aceptación da ampliación da delegación de competencias en materia tributaria do Concello de Cariño, xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) ou imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Cariño en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) ou imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña