O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 25 de xaneiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«5. Aceptación da delegación de competencias en materia tributaria do Concello de Ames.
Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Ames en relación coas seguintes materias:
1. Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre bens inmobles, tanto de natureza rústica como urbana, ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.
2. Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, así como a facultade para, de acordo co establecido no artigo 92 da Lei reguladora das facendas locais, solicitar da Administración tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censual e inspección, e establecer coa devandita Administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este mesmo imposto.
3. Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, salvo que o impidan compromisos ineludibles adquiridos polo concello ou este xestione o tributo directamente e non desexe delegalo.
4. Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
5. Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións e interese xeral, tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.
6. Recadación voluntaria e executiva das seguintes taxas e prezos públicos de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón:
6.1. Taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
6.2. Taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
6.3. Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
7. Recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, incluíndo a colaboración previa cos concellos para a identificación dos propietarios dos vehículos cos que se cometesen as infraccións.
8. Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
9. A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materias de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles.
A delegación entrará en vigor unha vez que sexan publicados no Boletín Oficial da provincia tanto a elevación a definitivo do acordo municipal como a aceptación polo Pleno da Deputación Provincial».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 14 de febreiro de 2013
María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña

