Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8402

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación de delegacións de competencias tributarias do Concello de Mazaricos.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 27 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«38. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Mazaricos en materia de xestión, inspección e recadación da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Mazaricos en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións e interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña