O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 14 de setembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«21. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Cariño en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utiliación privativa e aproveitamento especial constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.
Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Cariño en relación coa seguinte materia:
• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa e aproveitamento especial constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.
O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 18 de febreiro de 2013
María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña

