O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2013, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Crecente, por acordo do Pleno do 21 de decembro de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do concello.
A citada delegación será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 7 de febreiro de 2013
| Rafael Louzán Abal | Carlos Cuadrado Romay | 
| Presidente da Deputación Provincial | Secretario da Deputación Provincial | 

 
					
					
					