Por Resolución da Alcaldía do 19 de febreiro de 2013 efectuouse o nomeamento da funcionaria de carreira María Teresa Cid Morales, con DNI 76707491-F, como auxiliar administrativo de Intervención-Tesouraría, da escala de Administración xeral, subescala de auxiliar do Concello de Verín, despois de superar o proceso selectivo levado a cabo para o acceso á dita praza mediante sistema de concurso-oposición, quenda libre.
Este nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Verín, 27 de febreiro de 2013
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde

