Georecovering, S.L. solicitou licenza municipal para a actividade de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, clasificación de metais e plásticos e almacenamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, baterías, pilas e fluorescentes, na parcela nº 22 do parque empresarial, concello de Ordes. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.
Ordes, 12 de marzo de 2013
Manuel Regos Boquete
Alcalde

