Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO do expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión mediante concesión dos servizos de recolla selectiva e transporte de residuos, instalación ou reinstalación, limpeza e mantemento dos contedores do concello da Guarda.

Aprobado por Decreto da Alcaldía do 5 de febreiro de 2013 o expediente de contratación, incluídos o pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión mediante concesión dos servizos de recolla selectiva e transporte de residuos (envases lixeiros e papel cartón), instalación ou reinstalación, limpeza e mantemento dos contedores do concello da Guarda, expóñense ao público durante oito días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso e aprázase a licitación se resultar necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora: Concello da Guarda; praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato: adxudicar a contratación da xestión dos servizos de recolla selectiva e transporte de residuos (envases lixeiros e papel cartón), colocación ou recolocación, limpeza e mantemento dos contedores do concello da Guarda.

Duración: dous anos, prorrogables anualmente, ata o máximo permitido pola lei.

Tipo de licitación: 67.000 euros por dous anos (sesenta mil euros) (IVE incluído), prezo de carácter estimativo, posto que existe delegación de fluxos.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

– Provisoria: non se exixe.

– Definitiva: 2.680 (dous mil seiscentos oitenta) euros.

Exame do expediente: os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, na forma sinalada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se ese día é sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 6 de febreiro de 2013

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde