A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora.
Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
3. Data.
Do 27 ao 31 de maio de 2013.
4. Lugar de realización.
Instalacións Conservas Friscos, S.A.
Rúa do Concello, nº 56
36612 Catoria, Pontevedra
5. Número de prazas.
15 alumnos.
6. Dirixido a.
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes.
Solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa.
Día 27.5.2013 |
|
17.15-21.30 horas |
Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación. Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación. Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas. |
Día 28.5.2013 |
|
17.15-21.30 horas |
Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas. Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. |
Día 29.5.2013 |
|
17.15-21.30 horas |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas. Biocidas e medio ambiente. Problemas. Destrución de envases. Residuos de biocidas e contaminación. Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos. |
Día 30.5.2013 |
|
17.15-21.30 horas |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características. Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Métodos de loita. |
DIA 31/05/2013 |
|
17.15-21.30 horas |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Pragas de interese en saúde pública. Test de avaliación. |
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
Datas: do 27 ao 31 de maio de 2013.
Lugar de realización do curso:
Instalacións Conservas Friscos, S.A.
Rúa do Concello, nº 56
36612 Catoria, Pontevedra.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: de 17.15-21.30 horas.
Nº de prazas: 15 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto con unha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pago a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
EMPRESA: ..........................................................................................................................................
CIF: ......................................................................................................................................................
ENDEREZO: ........................................................................................................................................
LOCALIDADE: .....................................................................................................................................
TELÉFONO: ...................................................................FAX: .............................................................
CORREO ELECTRÓNICO: .................................................................................................................
APELIDOS: ..........................................................................................................................................
NOME: .................................................................................................................................................
NIF: ......................................................................................................................................................