Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20182

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 80/2013, do 23 de maio, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e no artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e tres de maio de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Víctor Manuel Rodríguez Gesto (Comisións Obreiras).

Odilo Barreiro Martínez (Confederación Intersindical Galega).

b) Ensino privado:

Xosé Marcial Comesaña Figueiras (Comisións Obreiras).

Armindo Francisco Mera (Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Sara Inés Vega Núñez (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos).

Helena Gómez Vecino (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María Paz García Fernández (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

Eduardo Freire Bargados (Confederación Intersindical Galega).

4º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

Xosé Francisco Martínez Reboiras (Federación do Ensino Privado de Galicia).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez (Confederación Intersindical Galega).

Marcelino Brea Mella (Unión Xeral de Traballadores).

6º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Joaquín Pereira Somoza.

7º. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Xosé Ramos Rodríguez (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Jesús Oitavén Barcala.

Valentín García Gómez.

Fernando del Pozo Andrés.

9º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Juan José Díaz Valiño.

Ana Mª Garrido Rodríguez.

José Manuel Domínguez Freitas.

Manuel Taboada Vigo.

Arturo Díaz Díaz.

Mercedes Rosón Ferreiro.

Francisco A. Veiga Romero.

María Socorro Cea Vázquez.

10º. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Agustín Requejo Osorio.

11º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Venancio Graña Martínez.

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, ás seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Luz López Pérez (Comisións Obreiras).

Xesús Fernández Rivas (Confederación Intersindical Galega).

b) Ensino privado:

Purificación Bernárdez Álvarez (Comisións Obreiras).

Armindo Francisco Mera (Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Sara Inés Vega Núñez (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos).

Helena Gómez Vecino (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María Paz García Fernández (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

Xosé Francisco Martínez Reboiras (Federación do Ensino Privado de Galicia).

4º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez (Confederación Intersindical Galega).

Marcelino Brea Mella (Unión Xeral de Traballadores).

5º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Álvarez Carpintero.

6º. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Xosé Ramos Rodríguez (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

7º. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Jesús Oitavén Barcala.

Valentín García Gómez.

Fernando del Pozo Andrés.

8º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

María Pilar Otilia López García.

José Antonio Vigo Lago.

Miguel Domínguez Alfonso.

José González Barcia.

Olga Alonso Suárez.

César Longo Queijo.

Francisco Magide Bizarro.

Manuel Luis Álvarez Angueira.

9º. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

María Pilar Jiménez Aleixandre.

10º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Venancio Graña Martínez.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de maio de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria