Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21605

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 4 de xuño de 2013 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

O Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, establece os prezos públicos exixibles polas prestacións das residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e do Carballiño (Ourense), dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, determina que estes prezos se actualizarán o 1 de xaneiro de cada ano, na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para o conxunto nacional total, no mes de outubro, calculado polo Instituto Nacional de Estatística. Os prezos así actualizados deberanse facer públicos mediante resolución da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Por isto, e en virtude do parágrafo segundo do artigo 1 do Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre,

DISPOÑO:

Artigo único. Actualizar os prezos públicos exixibles polas prestacións das residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e do Carballiño (Ourense), dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, mediante a aplicación da porcentaxe de 3,5, que é a variación do índice xeral nacional de prezos de consumo desde outubro de 2011 a outubro de 2012, quedando do xeito seguinte:

1. Estadía e mantenza dos residentes.

a) Tempada baixa (abril, maio, outubro, novembro e decembro).

– 23,81 euros por persoa/día en cuartos de dúas ou máis camas.

– 27,95 euros por persoa/día en cuarto individual.

b) Tempada media (xuño e 2ª quincena de setembro).

– 27,95 euros por persoa/día en cuartos de dúas ou máis camas.

– 32,09 euros por persoa/día en cuarto individual.

c) Tempada alta (xullo, agosto e 1ª quincena de setembro).

– 37,26 euros por persoa/día.

d) Prezo do aloxamento na véspera da incorporación.

– 21,74 euros/cuarto.

2. Servizo de comedor para visitantes.

– Xantar: 11,39 euros.

– Cea: 9,32 euros.

– Almorzo: 3,11 euros.

Disposición derradeira única

Esta orde terá efecto desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar