Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (181/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 181/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Caamaño Coiradas contra a empresa Construcciones Oslamo, S.L., Grupo Riotorto, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 293/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 181/2013.

Demandante: José Caamaño Coiradas.

Demandadas: Construcciones Oslamo, S.L.

Grupo Riotorto, S.L.

Fogasa.

Resolvo:

Primeiro. Aceptar a demanda sobre despedimento formulada por José Caamaño Coiradas fronte ás empresas Construcciones Oslamo, S.L. e Grupo Riotorto, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e acordo a extinción da relación laboral, con data de efectos da presente resolución e coa obriga das empresas de aboarlle ao demandante unha indemnización de 28.494,82 euros (vinte e oito mil catrocentos noventa e catro euros con oitenta e dous céntimos de euro).

Segundo. Todo iso con absolución do Fogasa.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales, se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Construcciones Oslamo, S.L. e Grupo Riotorto, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2013

A secretaria xudicial