Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32320

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4851/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4851/2011/MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 34/2009 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: Alicia Llan Lodos.

Recorrida: María Carmen Leardi Otero.

Avogada: Sonia González Valcarce.

Recorridos: Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermidades Profesionais de Seguridad Social número 274.

Avogado: Juan Ignacio Doce Díaz.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: La Chalota, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4851/2011, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra María Carmen Leardi Otero, La Chalota, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre incapacidade temporal, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Alicia Llan Lodos, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de data vinte e tres de febreiro de dous mil once ditada polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, en proceso número 34/2009, promovido por Mª del Carmen Leardi Otero contra a empresa La Charlota, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, con imposición das custas causadas no recurso á mutua recorrente, que abranguerán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 600 euros, así como, de ser o caso, a perda dos depósitos e consignacións efectuadas para recorrer.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

para que lle sirva de notificación en legal forma a La Chalota, S.L., con último domicilio coñecido na Coruña, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial