Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40133

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 25 de setembro de 2013 pola que se nomea un vogal do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prevé, no seu artigo 232, modificado pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, a creación do Xurado de Expropiación de Galicia como órgano colexiado permanente da nosa comunidade autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

O dito precepto establece, entre outros aspectos, a composición dese xurado, e foi desenvolvido mediante o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado mediante Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4.7 deste regulamento establece respecto da composición do Xurado que distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, queda prevista a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

O artigo 4.8 parágrafo 2 deste regulamento establece que os vogais a que se refire o parágrafo anterior poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designasen, e os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que reste ao substituído para o cumprimento do seu mandato.

En virtude da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia (publicada no DOG nº 80, do día 29 de abril) realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e polo período que lles corresponde polo tempo de mandato, achegou solicitude de cambio do suplente do representante da institución.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único. Noméase a persoa que se relaciona a seguir como vogal do Xurado de Expropiación de Galicia, en representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, segundo o disposto no artigo 4.2.f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño:

Suplente: José Carlos González Cabo.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas