María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 184/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Carro Varela contra a empresa Arquitectura de Interior Creativa, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza do 19 de setembro de 2013 cuxa resolución literalmente di así:
«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Juan Manuel Carro Varela contra a entidade Arquitectura de Interior Creativa, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que o demandante foi obxecto en data do 31 de decembre de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Arquitectura de Interior Creativa, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.244,64 €.
Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos y consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Arquitectura de Interior Creativa, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 20 de setembro de 2013
A secretaria xudicial

