Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (188/2013).

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 188/2013.

Demandante: Carlos Romero Rodríguez.

Avogado: Jorge Espasandín Fernández.

Demandados: Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 188/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Romero Rodríguez contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Fillos GR Carpintaría 2001, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Carlos Romero Rodríguez, contra as entidades Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Industrias Gelucho Romar, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante no 18 de xaneiro de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando solidariamente as entidades Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Industrias Gelucho Romar, S.A. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 33.076,55 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co nº 47570000, código 36 e nº expediente, o cal demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial