María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 613/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Vázquez Novas contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L, Proesga, S.L. (Arbitek), Zimmer Heim Ibérica, S.L., Progametal, S.L., Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., administrador concursal Progametal, S.L., administrador concursal Proesga, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa resolución seguinte:
«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Francisco Vázquez Novas fronte a Proesga Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Progametal, S.L., Tecnología y Diseños de Interiores, S.L., Ingeniería Técnica de Fachadas Ventiladas, S.L., con intervención procesual da administración concursal de Progametal, S.L., de Proesga, S.L. e do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno as partes demandadas con carácter solidario a que aboen á parte demandante a cantidade de 11.219,06 euros.
Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitek), Zimmer Heim Ibérica, S.L., Progametal, S.L., Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L. e Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de outubro de 2013
A secretaria xudicial

