Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (368/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 368/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia María Cruz Rueda contra a empresa Stear, S.A., Taller de Confección Artextil, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de outubro de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, viu estes autos seguidos ante este xulgado co número 368/2011, en que foron parte, dun lado, como demandante Sonia María Cruz Rueda, asistida polo letrado David Pena Díaz e, como demandados, Taller de Confección Artextil, S.L., que non comparece, Stear, S.A., representada polo letrado José María Rubio Jiménez de Llano, con intervención do Fogasa, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre cantidade, e pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Sonia María Cruz Rueda fronte á empresa Taller de Confección Artextil, S.L. e Stear, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condeno solidariamente as demandadas a que aboen a demandante a cantidade de 141,10 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da LRXS.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Taller de Confección Artextil, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial