Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (101/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado tramítanse autos co número SSS 101/2013 a instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Maderas Ameijenda, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridad social, nos que o día da data dictouse a setenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido.

Que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Maderas Ameijenda, S.L., debo condenar e condeno a empresa Maderas Ameijenda, S.L., a que lle reintegre á Mutua a cantidade de 1.854,91 euros en concepto de asistencia sanitaria, prestacións de incapacidade temporal e gastos de desprazamento, derivada dos procesos de incapacidade temporal aboada por ela aos traballadores Mercedes Villaverde Dans e Andrei Kalamar Kalamar, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos polos anteriores, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 1.190,68 euros por concepto de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Carpinox Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial