Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (562/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos número DSP 562/2011 por instancia de José Fernández Duro contra Explotaciones y Canteras del Moucho, S.L., Construcciones José María Fernández, S.A., e a administración concursal de Explotaciones y Canteras del Moucho, S.L., e de Construcciones José María Fernández, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo José Fernández Duro contra as entidades Explotaciones y Canteras del Moucho, S.L., Construcciones José María Fernández, S.A., e a administración concursal de Explotaciones y Canteras del Moucho, S.L. e de Construcciones José María Fernández, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data 31 de outubro de 2012, condenando solidariamente as entidades Explotaciones y Canteras del Moucho, S.L., Construcciones José María Fernández, S.A. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a inmediata readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite (os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza) calculado a razón de 43,89 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento de 28.244,72 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producido na data do cesamento definitivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, entenderase que procede a primeira.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Construcciones José María Fernández, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial