Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013198TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 9 de outubro de 2013, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013198TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Arturo Espósito, con NIE X952933H, como titular do establecemento Bodegón Napoli.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á Arturo Espósito, titular do establecemento Bodegón Napoli, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43, 1ª andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 28 de outubro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013198TA-PO.

Denunciado: Arturo Espósito, con NIE X952933H, como titular do establecemento Bodegón Napoli.

Último enderezo coñecido: Galerías Higinio, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

– Disposición adicional terceira da dita lei establece que «nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco».

Tipificación: dúas infraccións administrativas, unha tipificada como grave no artigo 19.3.b), e outra como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos setenta e seis euros (676 €).