Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 133/12 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

Con data do 6 de setembro de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Silvio Melero Parra con data do 11 de outubro de 2010.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Silvio Melero Parra o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

E, como consonte co artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbrolle que contra a resolución que pola presente se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 133/12.

Reclamante: Silvio Melero Parra.

DNI/NIF: 997296-Q.

Último enderezo coñecido: na Coruña, rolda de Nelle nº 76, 8º R, 15005 A Coruña.

Contido da notificación: resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Silvio Melero Parra polos supostos danos que lle foron ocasionados no Instituto Médico Cirúrxico San Rafael da Coruña.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.