Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se require documentación á empresa Textil Costa Oeste Link, S.L., solicitante do Programa para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado na Orde do 21 de xuño de 2013, xestionado nesta dirección xeral (expediente TR341E 2013/1-0).

No uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral, e despois de intentadas as notificacións de requirimento de documentación enviadas no seu día, segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica ao seren devoltas polo servizo de Correos, por medio desta cédula, e conforme o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á interesada o contido do requirimento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del, e para que achegue os documentos sinalados en orixinal ou fotocopia compulsada, no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, advertíndolle que, de non facelo así, se terá por desistida a súa solicitude, de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao que se remite o artigo 8 da orde da convocatoria.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Direción Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter copia deste requirimento, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Nº de expediente: TR341E 2013/1-0.

Tipo de axuda: subvención en función do investimento en activo fixo.

Solicitante: Textil Costa Oeste, Link, S.L.

CIF: B27727064.

Último enderezo coñecido: travesía de Ourense, 2, Ed. Oleaxe, loc. 3, 36960 Sanxenxo, Pontevedra.

Contido do requirimento:

Despois de examinar a súa solicitude de subvención, presentada ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (DOG núm.125, do 3 de xullo), obsérvase que falta ou é incorrecta a seguinte documentación, de acordo co establecido nas bases 5ª e 6ª do anexo A:

– Solicitude debidamente cuberta coa conta bancaria do solicitante.

– Certificación da relación nominal completa dos 98 traballadores e traballadoras do centro especial de emprego polos que solicitan subvención segundo o modelo do anexo II-A.

– Certificados da discapacidade dos traballadores polos que se solicita subvención, cando o certificado fose expedido por unha Administración distinta á da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 3).

– Se é o caso, resolución do INSS recoñecendo a incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa recoñecendo unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

– Facturas, facturas pro forma ou orzamentos emitidos con posterioridade ao 16 de setembro de 2012 ou calquera outro documento acreditativo do gasto en activo fixo.

– Balance de situación provisional para o exercicio corrente e os dous próximos e conta de perdas e ganancias provisional do ano 2015.