Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46131

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de novembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de accións de saúde pública no campo do VIH/sida que se desenvolverán na Comunidade Autónoma de Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Por Orde do 26 de xullo de 2013 da Consellería de Sanidade (DOG núm. 147, do 2 de agosto) apróbanse as bases reguladoras e convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitiva para proxectos de accións de saúde pública no campo do VIH/sida que se desenvolverán na Comunidade Autónoma de Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

O artigo 14 da citada norma establece a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e indica que deberá conter a relación de solicitantes aos cales se conceden ou desestiman as subvencións para os respectivos proxectos, con indicación da norma reguladora, a súa correspondente contía e as causas de denegación, se é o caso.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único. Aprobar ou denegar os proxectos de accións de saúde pública no campo do VIH/sida que se recollen no anexo desta orde, así como adxudicar as contías que se determinan nel.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Aplicación orzamentaria: 1002.413A.481.1

Entidade solicitante

Título do proxecto

Puntos obtidos

Importe/causa de non subvención

Asociación ALAR Galicia

G15775901

Sen risco: Gabinete de prevención, asesoramento e orientación en VIH a persoas inmigrantes 2013

0

Non acada o mínimo no

punto 12 do artigo 8

Equus Zebra

G15790876

Campaña de sensibilización de loita contra VIH para a xuventude inmigrante

550

Puntuación insuficiente

Asociación antidroga Renacer

G15281611

Programa de educación para a saúde e prevención do VIH/sida e outras ITS para persoas inmigrantes

588

Puntuación insuficiente

Asociación Galega para a Saúde Sexual-Agasex

G15969678

Educación e consello asistido de intervención continuada en prevención do VIH

603

Puntuación insuficiente

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368-I

Proxecto de axuda a domicilio

651

Puntuación insuficiente

Asociación Antonio Noche

G15210388

Prevención en poboación inmigrante en situación de vulnerabilidade

674

Puntuación insuficiente

CCANVIHAR, Asociación cidadá de loita contra o VIH e a sida

G36306504

Accións de saúde pública realizadas por CCANVIHAR, no campo do VIH/sida na provincia de Pontevedra-2013/2014

679

Puntuación insuficiente

Relixiosas Adoratrices de Ourense

R3200065E

Achegamento ao medio para a prevención de prácticas de risco e promoción da saúde

682

Puntuación insuficiente

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Corazón Vermello

709

Resolveuse o empate conforme o punto 18 do artigo 8

ONG Ecos do Sur

G15354483

Atención sociosanitaria en VIH/sida ao colectivo inmigrante

709

12.960,07 €

Comité Cidadán Antisida de Ourense

G32169609

Proxecto de intervención en VIH/sida do Comité cidadán antisida de Ourense

710

12.978,31 €

Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor

R1500092J

Proxecto Beirarrúa “Proxecto de rúa para a prevención de VIH/sida e ITS en persoas vítimas de trata e explotación sexual”

719

12.919,20 €

Asociación Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol

G15546021

Proxecto integral de accións no eido do VIH: prevención, diagnóstico precoz, apoio e loita contra a discriminación 2013-2014

744

13.598,47 €

Asociación Faraxa pola abolición da prostitución

G27728658

Intervención sociosanitaria con personas en prostitución, para la información, prevención y control del VIH/sida y otras ETS

758

13.853,83 €

Comité antisida da Coruña. Casco

V15279219

Proxecto de accións de saúde pública no campo do VIH/sida de Casco

776

14.182,15 €

Aliad-Ultreia

G27021120

Talleres sanitarios e información sobre VIH para mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual e mulleres que exercen a prostitución

780

14.255,11 €

Médicos do mundo

G79408852

Prevención da infección por VIH/sida no colectivo de persoas en situación de prostitución con especial énfase no colectivo de mulleres

790

14.437,51 €

Total

109.184,65 €