Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50058

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 31 de decembro de 2011 que establece as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, no que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 12.4 da Orde do 31 de decembro de 2011 e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial da Coruña. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta resolución.

A Coruña, 30 de outubro de 2013

P.D. da conselleira de Traballo e Benestar (Orde do 31.12.2011)
Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Beneficiarias: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións (ámbito provincial).

Aplicación orzamentaria: 2012.12.07.313A.481.0.

Orzamento: 30.000 €.

Beneficiaria

Provincia

Proxecto

Concedido

Asociación Cultural e Xuvenil Os Muíños

A Coruña

A memoria dun pobo

4.000,00

Asociación Cultural e Xuvenil Pena de Corvo

A Coruña

Deixando pegadas

4.000,00

Asociación Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos

A Coruña

Oportunidades de emprego no medio rural para a xuventude das Mariñas

4.000,00

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos

A Coruña

Medramos xuntos

4.000,00

Asociación Xuvenil Botas do Camiño

A Coruña

Campo de voluntariado ambiental xuvenil

3.620,00

Asociación Cultural e Tempo Libre Abril

A Coruña

Ocio alternativo nas fins de semana

4.000,00

Federación Scouts de Galicia E.C.G

A Coruña

Aventurocio scout San Xurxo 2012

4.000,00

Asociación Cultural San Pedro de Carcacía

A Coruña

Festival de bailes e cantos tradicionais

1.600,00