Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2730

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o ano 2014.

Advertidos erros na versión en galego da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 24 de decembro de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 49601, no punto 5 do artigo 11, onde di:

«Se se comprobase nos controis que se cumpriu o obxectivo do proxecto de non investimento ou que se executou como mínimo o 70 por cento do orzamento de non investimento aprobado, en ambos os casos por causas diferentes ás de forza maior ou circunstancias excepcionais, que deberán estar adecuadamente xustificadas polo receptor da axuda e aceptadas pola autoridade competente, exixirase o reintegro das cantidades aboadas, e executarase a garantía de boa execución.»,

Debe dicir:

«Se se comproba nos controis que non se cumpriu o obxectivo do proxecto de investimento ou que non se executou como mínimo o 70 por cento do orzamento de investimento aprobado, en ambos os casos por causas diferentes ás de forza maior ou circunstancias excepcionais, que deberán estar adecuadamente xustificadas polo receptor da axuda e aceptadas pola autoridade competente, exixirase o reintegro das cantidades aboadas, e executarase a garantía de boa execución.».

Esta corrección non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.