Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3510

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2013

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín para a xestión recadadora executiva que lle encomende o Concello dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular o Concello.

Sen achega económica

1.10.2013

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia sobre atribución de competencias de recursos contractuais.

Ano 2013 5.000 €

Ano 2014 20.000 €

Ano 2015 20.000 €

Ano 2016 15.000 €

7.11.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e a publicación da Revista Galega de Economía no ano 2013.

15.000 €

14.11.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Dirección Xeral de Tráfico, dependente do Ministerio do Interior, en materia de intercambio e cesión de información para efectos tributarios.

Sen achega económica

26.11.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra polo que se regulan as funcións de presentación de autoliquidacións ou declaracións e recepción de documentación.

Sen achega económica

10.12.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Gremio de Asesores Fiscais, Contables e de Xestión Empresarial de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.12.2013