Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5223

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (1102/2012).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Vigo, 20 de xuño de 2013.

Vstos por min, Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, estes autos de xuízo ordinario 1102/2012, seguidos por instancia de Uxía Garrido Filgueira e Francisco Xosé Candía Durán, representados pola procuradora Susana Arca Veloso, contra a entidade Great Time, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estimo integramente as pretensións da parte demandante e, en consecuencia, debo declarar e declaro a nulidade do contrato subscrito con data do 14 de abril de 2002 entre os demandantes e a demandada, Great Time, S.L., e condeno esta a lles reintegrar aos demandantes a cantidade de 12.733,04 euros, máis os xuros legais desde a interposición da demanda. Impóñenselle as custas á parte demandada Great Time, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que se deberá preparar neste xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño dela.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Great Time, S.L., cuxo último domicilio coñecido foi en r/ Ramón Berenguer, IV, nº 1-3 Salou (Tarragona), expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 6 de novembro de 2013

A secretaria xudicial