Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (73/2011).

NIG: 36038 47 1 2011 0000143.

Procedemento: Sección VI Cualificación concurso 73/2011 –C–.

Sobre outras materias.

De Administración Concursal e Ministerio Fiscal.

Contra Editugas Construções, S.A., José Pais dos Santos, Nuno Miguel da Silva Vaz, Pedro Miguel da Costa Rodríguez.

Procurador: Senén Souto Santiago.

José Luis Gutérrez Martín, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, fai saber que neste xulgado se tramitan autos da Sección Sexta de Cualificación número 73/2011, contra José Pais dos Santos, Nuno Miguel da Silva Vaz e Pedro Miguel da Costa Rodríguez, nos cales, na data do 2 de xaneiro de 2014, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que, estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente sección sexta do concurso ordinario 73/2011, en que é concursada Editugas Construções, S.A.:

Declaro culpable o concurso por concorrencia das causas previstas nos artigos 164.2.1º (incumprimento substancial da obriga de levar a contabilidade) e 165.1 (presentación tardía da solicitude de concurso) da Lei concursal.

Declaro persoas afectadas pola cualificación José Pais dos Santos, Nuno Miguel da Silva Vaz e Pedro Miguel da Costa Rodrigues.

Condeno os afectados pola cualificación:

Á inhabilitación, no caso de José Pais dos Santos e Nuno Miguel da Silva Vaz, para administrar os bens alleos durante un período de nove anos, ben como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período, inhabilitación que será de tres anos, no caso de Pedro Miguel da Costa Rodrigues.

Ao cesamento dos cargos que puideren todos eles aínda exercer na concursada; á perda de calquera dereito que tiveren como acredores concursais ou da masa; e

A aboaren a José Pais dos Santos e Nuno Miguel da Silva Vaz, cada un deles, o 30 % e Pedro Miguel da Costa Rodrigues o 10 % do importe do déficit concursal que chegue a verificarse.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso canto ás custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste órgano despois da constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia da situación de rebeldía procesual e do ignorado paradoiro de José Pais dos Santos e de Nuno Miguel da Costa Rodríguez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial