Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6504

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se procede ao nomeamento e se adxudica destino definitivo aos/ás aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 22 de xaneiro de 2014 (DOG número 17, do 27 de xaneiro), ao cal foron convocados os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida.

Segundo. Adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2014.

Terceiro. Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo
Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Sub-

grupo

Corpo/

escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

78799042F

Curros Bermúdez, Rubén

2

MAA010000215770064

26

A1

Especial

Área de Instrumentos da Planificación

MA

Augas de Galicia

S. X. de Programación e Proxectos

Santiago de Compostela

Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

33537219E

Carreira Carral, Rocío

1

MAA010000115770035

26

A1

Especial

Área de Autorizacións e Concesións

MA

Augas de Galicia

S. X. de Xestión do Dominio Público Hidráulico

Santiago de Compostela

Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

32837223P

Tobío Boquete, José Manuel

10

MAX010000015770006

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

32664988C

Vidal Herrador, Juan

11

MAX010000015770009

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. Camiños, Canles e Portos