Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6947

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (166/2012).

Nos autos de xuízo verbal número 166/2012, seguidos por instancia do procurador Roberto Aba Veiga, en nome e representación de María Isabel Carro Carro, contra Manuel Valiño Seoane e José Gómez Seoane, ditouse o 25.10.2012 sentenza e auto aclaratorio o 9 de xaneiro de 2013, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza: 126/2012.

Procedemento: xuízo verbal nº 166/2012.

«En nome da súa maxestade o rei

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial ditou a seguinte

Sentenza nº 126/2012.

En Betanzos o 25 de outubro de 2012.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo verbal 166/2012, sobre acción declarativa de dominio, no cal son partes a demandante María Isabel Carro Carro, asistida polo letrado Sr. Miramontes Santiso e representada polo procurador Sr. Aba Veiga, e demandados Manuel Valiño Seoane e José Gómez Seoane, en situación de rebeldía procesual».

«Resolución

Estimando integramente a demanda interposta por María Isabel Carro Carro, asistida polo letrado Sr. Miramontes Santiso e representada polo procurador Sr. Aba Veiga, contra os demandados Manuel Valiño Seoane e José Gómez Seoane, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro que María Isabel Carro Carro é propietaria dos predios des-critos no feito segundo da demanda, cos lindes actualizados que constan no feito quinto, e identificadas como parcelas nº 685 e 868 do plano xeneral correspondente a reorganización da propiedade da zona de Santa Cruz de Mondoi e San Pedro de Porzomillos, inscritas no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.198, libro 141 de Oza, folio 92, predio rexistral nº 16.125, inscrición primeira, a nome de Manuel Valiño Seoane, e no Rexistro da Propiedade de Betanzos, no tomo 1.198, libro 141 de Oza, folio 93, predio rexistral nº 16.126, inscrición primeira, a nome de José Gómez Seoane.

Así mesmo, procede declarar a cancelación previa de cantas inscricións contraditoras puidesen existir sobre os devanditos predios no Rexistro da Propiedade de Betanzos e ordenar a inscrición de propiedade a favor da demandante.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Dou fe».

«Auto

Xuíza/maxistrada xuíza: Nuria Fachal Noguer.

En Betanzos o nove de xaneiro de dous mil trece.

Parte dispositiva

Acordo estimar a petición formulada polo procurador da parte demandante de aclarar a sentenza do 25 de outubro de 2012, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

Fundamento xurídico segundo e resolución da sentenza, onde di parcela 868 do plano xeral, debe dicir parcela 686.

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas».