Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (939/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 939/2010 por instancia de Francisco Martínez Fernández contra a empresa Ebanistaría Anve, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28.1.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Francisco Martínez Fernández fronte á empresa Ebanistaría Anve, S.L. e, en consecuencia, condénase á empresa Ebanistaría Anve, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil setecentos trece euros con vinte e seis céntimos de euro (1.713,26 euros), devindicando os conceptos salariais o xuros moratorio do 10 %, con imposición de custas á devandita empresa, incluídos honorarios do letrado ata o límite de 600 euros. As devanditas cantidades vincularán o administrador concursal.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ebanistaría Anve, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial